martes, 31 de octubre de 2017

¡Nueva convocatoria aceptada para SOLIDA!

Dentro de las subvenciones para la realización de proyectos de investigación en materia de cooperación para el desarrollo, le ha sido concecida a SOLIDA por la Cooperación Gallega una subvención de 30.000 € para el proyecto "Diversidad infantil, sociedad y emigración maternal en Nicaragua: articulando redes", a cargo de Verónica Robles García, de la UDC - Facultad de Fisioterapia. ¡Enhorabuena compañeras!



INFO PROXECTO:

Proxecto de Investigación presentado por SOLIDA en alianza coa UDC (Facultade de Fisioterapia, Facultade de Socioloxía e Fcaultade de Ciencias da Educación). 

Título do Proxecto: Diversidade infantil, sociedade e emigración maternal en Nicaragua: artellando redes. 


O presente proxecto titulado “Diversidade infantil, sociedade e emigración maternal en Nicaragua, artellando redes” (DISEMINAR) pretende abordar unha problemática multidimensional: o contexto da diversidade funcional na infancia. A nenez con capacidades diferentes nos países en vías de desenvolvemento teñe dificultades para acceder a seu entorno, tanto aos apoios e servizos básicos para a súa vida cotidiana como a outros dereitos fundamentais (educación, etc.). Un fenómeno primordial asociado a éste é o papel das nais coidadoras e os efectos da emigración maternal coas consecuencias que teñe nos nenos e nos membros da familia “left-behind”. Na rexión nicaraguana de las Segovias, a situación agrávase nos municipios rurais, con poboación indíxena e de máxima pobreza. Con respecto disto, a nosa investigación pretende coñecer os axentes clave, os recursos e necesidades e os factores influentes da diversidade infantil facendo especial fincapé no rol das nais e/ou familias, contando con aquelas emigrantes en España. Todo isto, promovendo accións de visibilización, sensibilización e optimización dos recursos a través da participación e capacitacións dos actores nesta situación e ferramentas utilizadas. A metodoloxía de carácter cualitativo inclúe entrevistas semi-estruturadas e grupos de enfoque que dirixe a recollida de datos en dúas zonas xeográficas (España e Nicaragua) e a elaboración do material de forma colaborativa entre membros do equipo de investigación e especialistas no terreo. O proxecto planteaxe dende outubro de 2017 ata novembro de 2018 esperándose obter coñecemento da realidade que fomente o empoderamento dos axentes chave e as familias có fin último de optimizar as acción futuras no eido da diversidade infantil e o seu contexto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario