jueves, 10 de agosto de 2017

PCR SOLIDA en Nicaragua

Saúdos dende Mozonte! Perdoade a tardanza pero estivemos ben ocupadas esta semana, no ILLS todos os días hai algo por facer. Durante a semana estivemos acompañando á equipa a darlle seguimento aos plans de negocio das mulleres participantes dos talleres de empoderamento económico. A variedade de iniciativas vai dende pulperías (que como nos contou Vero dende Honduras non venden polbo, son como un “ultramarinos” para nós) ata a venta itinerante de roupa por catálogo e bisutería ou venta de productos de leite de cabra. Quedamos encantadas de poder coñecer en primeira persoa a estas mulleres, son ben bravas e loitadoras! Ademais diso tamén participamos na diagnose comunitaria, neste caso foi no barrio de Pueblos Unidos en Ocotal onde as mulleres acompañadas pola lideresa comunitaria reflexionaron sobre as problemáticas do barrio e as posibles actuacións a desenvolver. Coa información recollida nestas diagnoses crearanse os plans comunitarios a partir das necesidades máis sentidas pola poboación. 
Iremos contándovos máis cousas por aquí, estade atentxs!
#PCRUDC #OCVUDC2017 #PCRSOLIDA #PCRSIG





No hay comentarios:

Publicar un comentario