martes, 29 de agosto de 2017

PCR SOLIDA en Nicaragua

Noticias dende Nicaragua! (Araceli Iktsuarpok
A semana pasada despedimos a Eli Silfa despois de compartir un mes de experiencias por estas fermosas terras, botáremola de menos por aqui.
Porén, o traballo segue dende o ILLS. Tivemos novamente Taller de Novas Masculinidades para xs mozxs do territorio das Segovias, nesta edición falouse de saúde sexual, relacións de parexa saudables VS violentas e do concepto de consentimento.
Ademais disto dende o ILLS apoiouse á comunidade de San Albino na protesta contra a minería de ouro a ceo aberto. Na actualidade están concesionadas 133.400 ha de terreo productivo no departamento de Nueva Segovia, das cales oito mil kilómetros cadrados son catalogados como reserva protexida. Estas concesións foron dadas sen o coñecemento das repercusións ambientais que este tipo de industria causa no medioambiente nin o consentimento e aprovación dxs principais afectadxs, xs habitantes das comunidades concesionadas.
#PCRUDC2017 #OCVUDC #PCRSÓLIDA







No hay comentarios:

Publicar un comentario