Dentro de las subvenciones para la realización de proyectos de investigación en materia de cooperación para el desarrollo, le ha sido concecida a SOLIDA por la Cooperación Gallega una subvención de 30.000 € para el proyecto "Diversidad infantil, sociedad y emigración maternal en Nicaragua: articulando redes", a cargo de Verónica Robles García, de la UDC - Facultad de Fisioterapia. ¡Enhorabuena compañeras!
INFO PROXECTO:
Proxecto de Investigación presentado por SOLIDA en alianza coa UDC
(Facultade de Fisioterapia, Facultade de Socioloxía e Fcaultade de Ciencias da
Educación).
Título do Proxecto: Diversidade infantil, sociedade e emigración
maternal en Nicaragua: artellando redes.
O presente proxecto titulado “Diversidade infantil, sociedade e
emigración maternal en Nicaragua, artellando redes” (DISEMINAR) pretende
abordar unha problemática multidimensional: o contexto da diversidade funcional
na infancia. A nenez con capacidades diferentes nos países en vías de desenvolvemento
teñe dificultades para acceder a seu entorno, tanto aos apoios e servizos
básicos para a súa vida cotidiana como a outros dereitos fundamentais
(educación, etc.). Un fenómeno primordial asociado a éste é o papel das nais
coidadoras e os efectos da emigración maternal coas consecuencias que teñe nos
nenos e nos membros da familia “left-behind”. Na rexión nicaraguana de las
Segovias, a situación agrávase nos municipios rurais, con poboación indíxena e
de máxima pobreza. Con respecto disto, a nosa investigación pretende coñecer os
axentes clave, os recursos e necesidades e os factores influentes da
diversidade infantil facendo especial fincapé no rol das nais e/ou familias,
contando con aquelas emigrantes en España. Todo isto, promovendo accións de visibilización,
sensibilización e optimización dos recursos a través da participación e
capacitacións dos actores nesta situación e ferramentas utilizadas. A
metodoloxía de carácter cualitativo inclúe entrevistas semi-estruturadas e
grupos de enfoque que dirixe a recollida de datos en dúas zonas xeográficas
(España e Nicaragua) e a elaboración do material de forma colaborativa entre
membros do equipo de investigación e especialistas no terreo. O proxecto
planteaxe dende outubro de 2017 ata novembro de 2018 esperándose obter
coñecemento da realidade que fomente o empoderamento dos axentes chave e as
familias có fin último de optimizar as acción futuras no eido da diversidade
infantil e o seu contexto.