domingo, 23 de febrero de 2014
Solida e Haydeé Castillo en Xermade
Boa tarde a todas/os.
Unhas 50 persoas nos reunimos para escoitar a Haydeé Castillo Flores, directora do Instituto de Liderazgo Las Segovias, de Nicaragua. Haydeé entre outras cousas é Licenciada en Ciencias Sociais. Máster en Planeación e Desenvolvemento. Especialista en desenvolvemento rural, programas de reducción da pobreza, igualdade de xénero e incidencia política e participación. Estudios en xerencia de Ongs, Xestión do risco e reducción de vulnerabilidades e Seguridade e soberanía Alimentaria. Membra do Consello asesor de género de Naciones Unidas en Nicaragua. Presidenta do Foro de Mulleres para a Integración Centroamericana (FMICA). Feminista.
En Xermade estivo para continuar tecendo redes, falou do Instituto, facendo un repaso histórico á súa realidade política, económica e social de como xurdeu, que actividades se realizan (como cursos de capacitación, liderazgo...) e os seus novos proxectos coma as becas de estudios para a poboación indíxena. A continuación abriuse un tempo de diálogo entre as persoas asistentes.
Asimesmo, Haydeé e o alcalde de Xermade fixeron un intercambio de agasallos, quedando aquí unha obra tallada en madeira co himno do país de Nicaragua e a súa bandeira. E rematouse o acto cuns pinchos entre todas as persoas asistentes.
O Instituto de Liderazgo é unha organización da sociedade civil que conta con apoios de institucións coma a Deputación da Coruña que xa lles leva axudando varios anos na creación de espacios para a Universidade na zona rural, e agora para a creación do comedor (xa que comen debaixo dun toldo), a embaixada de Francia, coa que acaban de presentar un Premio sobre Fortalecemento do liderazgo local en Nicaragua. O ILLS está comprometido cos excluidos e excluidas, dirige o seus esforzos a promover o desenrolo de protagonismos individuais e colectivos na transformación da sociedade actual.
En Xermade, contamos coa presenza de xente de das diferentes parroquias, de As Pontes, de Vilalba. Estiveron as dúas asociacións de mulleres rurais, así como o alcalde, Tomás Rodríguez e varios concelleiros.
Podedes consultar máis na web do Instituto de Liderazgo Las Segovias www.illsegovias.org ou na ONG Sólida: www.solidacooperacion.org (da Coruña).
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario